viernes. 09.12.2022

Inchables para divertirse

e chocolate con roscón de reis para quentar o corpo e coller forzas despois dos

brincos

O sol luciu na tarde do 5 de xaneiro en Vilariño de Conso, o igual que en toda a comarca pero o frío tamén se deixou sentir, por iso en Vilariño, os Reis chegaron directos o pavillón polideportivo. Nenos e maiores agardaban con inquedanza a esperada visita. Os máis pequenos entre medo e asombro e os máis maiores ca incertidume de si lles deixarán o que pediron, eso si todos os recibiron con moita ilusión.



Melchor Gaspar e Baltasar chegaron ó pavillón na pick-up de Protección Civil cargados de caramelos para repartir entre todos os que os agardaban. Ademais das lambonadas entregáronlles xogos e xoguetes. Logo de facer as fotos de rigor tempo para quentar o corpo cun rico chocolate con roscón de reis. Non faltaron os inchables nos que desde onte e até mañá, Día de Reis os pequenos da vila poden saltar e brincar.

A alcaldesa e un grupo de veciñas inmortalizando o día

No pequeno palco engalanado con tres cadeirass cubertas de panos coloridos para que as súas Maxestades descasaran do longo camiño percorrido había uns cestos de madeira con multidtude de agasallos para repartir entre os nenos e nenas de Vilariño. Os pés da estrutura tamén se atopaba o «Buzón Real» onde os máis despistados puideron depositar as cartas.

Palco con tres cadeiras para que os Reis Magos descansaran

A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía non faltou á cita co seu bebé nacido hai preto de catro meses. A súa incorporación trala baixa de maternidade agárdase para este mes de xaneiro no que tamén se dará a coñecer o programa do Entroido 2020.

Se queres ver os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar no pavillón de Vilariño de Conso amosámoscho neste vídeo:

Vilariño de Conso recibiu os Reis Magos no pavillón polideportivo da vila