martes 7/12/21

Foron varias as familias que preguntaron polas condicións do alugueiro que ofertan dende o Concello de Vilariño de Conso

O rural estase a por en valor, así o destacou a alcaldesa de Vilariño de Conso Melisa Macía, nun verán bo e atípico na vila onde a presenza de visitantes foi moito maior que en outros anos.

Froito de esto dende o consistorio veñen de confirmar que 2 familias chamaron preguntando polas opcións de aluguer na vila, ambas teletraballan e queren cambiar o seu modo de vida para residir nunha casa con horta, xardín e sobretodo tranquilidade. «É unha cousa que nos satisface, que a xente da cidade ou con vinculación co concello se está interesando» subliñou Macía.

Así mesmo dende o consistorio, veñen de por en valor un viveiro de pisos e casas para que a xente de outros lugares podan ir a vivir neles se lles adapta a circunstancias.

Dende o concello veñen de sacar outra liña de axudas ligadas a vivenda enmarcadas no plan "Realquílate Vilariño", destinadas a xente que ten propiedades co fin de rehabilitar as edificacións e que sexan dedicadas ao aluguer. Esto é debido a falta de casas para os novos veciños no pobo.

O importe máximo a percibir para rehabilitación é de 5.000 € por vivenda.

Vaga de lumes

Estos días no concello producíronse varios incendios forestais nos montes do municipio, a alcaldesa cargou duramente contra os incendiarios debido a intencionalidade que se aprecia nos lumes producidos. «Vemos que se nos destroza o máis preciado que temos en Vilariño que é a natureza».

Se ben a rexidora apreza o verán, desexa que chegue o mal tempo para acabar co risco de lumes e así tamén que chova e que axuden aos soutos.

O Concello de Vilariño de Conso fomenta o alugueiro de vivendas