jueves. 18.04.2024

Dende o consistorio promoveron diferentes soltas para combatir a avispilla, que ano a ano mengua a producción de castañas

O 80% da poboación de Vilariño de Conso conta con castiñeiros entre os seus bens. Por elo é moi importante para a economía local. Nos últimos anos a avispilla do castaño, de orixe chinesa está a menguar esta especie arbórea o que provoca unha mengua importante de producción do froito da castaña.

Por elo dende o consistorio acaban de facer unha solta de Torymus Sinensis para combatir a praga e así combater ao insecto parásito que pouco a pouco está a acabar cos castiñeiros. Dende o concello de Vilariño repartiron en 12 hectáreas esta solución.

A alcaldesa da localidade tamén salientou a axuda da Xunta de Galicia, que tamén procede a realizar esta solta.

Pola súa banda dende a Confederación Hidrográfica Miño-Sil realizaron unha actuación no Rego da Ribeira Grande, tramo fluvial incluido no Parque Natural do Invernadeiro. 

Os traballos consistiron na retirada dunha presa e muros de contención hormigonados presentes no cauce, a demolición e a retirada de toda a infraestructura dunha antiga piscifactoría, a reforestación da marxe esquerda afectada polos traballos, e a creación dunha charca artificial no chairo de inundación onde se ubicaban as instalacións obsoletas como mellora do hábitat para algunhas especies de anfibios autóctonos do Parque Natural do Invernadeiro.

Letras Galegas

Dende o consistorio farán diversas actividades relacionadas co Día das Letras Galegas. O día 16 de maio o Mago Teto representará o seu espectáculo co motivo deste día. Así mesmo faráse unha andaina, na que a ruta aínda está por determinar, para promocionar o entorno natural do municipio.

Tamén no colexio están a facer diversas actividades relacionadas co 17 de maio como murais para coñecer o significado desta xornada e os homenaxeados en anos anteriores.

Turismo

Actualmente son moitos os veciños de outros concellos que acoden ata a localidade para coñecer o entorno e tamén visitar un columpio que están a reparar estos días. Esto débese a o uso excesivo que se lle deu nos últimos meses debido a gran afluencia de xente.

Moitos dos turistas visitan a vila en caravana. Dende o consistorio animan a todo aquel a que desexe emprender en Vilariño o faga, porque ademáis a día de hoxe o sector hosteleiro apenas conta con locais na vila. De cara ao verán están a preparar actividades programadas de piragüismo, kayak e barranquismo.

Vilariño de Conso busca frear a praga da avispilla do castiñeiro