viernes. 29.03.2024

Dende a alcaldía xa comezaron as conversacións con outras entidades bancarias que podan ofertar un servizo sen restriccións de banca

O rural galego viuse afectado dentro dos efectos da pandemia polo Covid-19 por un peche paulatino das entidades bancarias, se ben non están clausuradas de forma definitiva, os seus usuarios viron como agora únicamente poden acudir as oficinas 2 días a semana nalgúns concellos da contorna valdeorresa.

Pese as conversas mantidas cos directivos de Abanca, que e a concesionaria da única entidade bancaria que hai nos concellos de Vilariño de Conso, O Bolo e Manzaneda, estas non lograron chegar a porto, por elo dende Vilariño comezaron a buscar alternativas.

Melisa Macía, rexedora da localidade, xa iniciou as conversas con outras entidades financieiras, as que lles ofrece un local totalmente gratuito ca condición de que os seus veciños teñan o servizo os 5 días hábiles a semana que antes tiñan con Abanca.

Macía ademáis quéixase de que nestes intres os habitantes de Vilariño deben gardar colas de máis dunha hora que nunha xornada coma a do luns, con chuvias constantes, poderían carrexar diversos problemas de saúde nunha poboación moi envellecida.

O Concello de Manzaneda xa anunciou a pasada semana a súa intención de eliminar toda relación comercial con Abanca no caso de persistir o peche durante 3 días a semana da única oficina bancaria da localidade.

Vilariño busca un servizo bancario digno para os seus veciños