O novo mirador de Vilariño de Conso atráe cada día a máis xente chegada dende diferentes puntos da provincia
Un dos obxetivos deste 2020 para Melisa Macía, alcaldesa de Vilariño de Conso, e todo o seu equipo de goberno, foi a dinamización da marca "Destino Vilariño" entre as obras feitas para esta labor está a construcción dun novo mirador cun columpio incluido.
Esta infraestructura colleu moito auxe dende o inicio da súa promoción a través dos medios de comunicación fai apenas unha semana, que, unido as últimas neves caídas na vila encheron o concello de visitantes, algo que salienta a rexedora «Estamos moi contentos, aunque o tempo non nos está acompañando».
O balancín está situado en plena Ruta da Prata do itinerario Xacobeo, e como afirman dende o consistorio pódese ver perfectamente dende a OUR-CU-346 que vai dende Vilariño ata A Gudiña contando cunhas vistas impresionantes hacia os montes de Camba e o Encoro das Portas.
Malia esto o estar instalado a 1.080 metros sobre o nivel do mar provoca que en moitas ocasións que a chuvia, neve ou néboa sexan as protagonistas da paisaxe. Tras os primeiros días de elevada afluencia a zona, Macía, non negou que valorarán pechar o paso aos coches ata a infraestructura, xa que o pavimento vese danado e forma parte do Camiño de Santiago.
A alcaldesa subliñou que un dos obxetivos a hora de construir o mirador está cumprido, que é o de dar a coñecer o pobo e a nova marca da vila.