"Ruta do curro da pousada" unha maneira de «dar a coñecer Vilariño»

Este sábado 25 de maio, Vilariño de Conso acollerá unha nova ruta da Asociación Vive Vilariño. Nesta ocasión darase a coñecer a zona de Mormentelos

Dende o ano 2019 a Asociación Vive Vilariño comezou a iniciativa de facer andainas no municipio. «Intentamos proporcionar a ruta e algún pobo, nesta ocasión tocoulle a Mormentelos», explica Yoli Rodríguez, presidenta da entidade. 

A actividade comezará ás 9:30, sendo unha ruta circular de «uns 11 quilómetros. Teremos un pouco de pendente, pero é descansada». A presidenta sinala que durante o camiño poderanse ver «moitas fontes, por se alguén quere coller auga». 

Neste percorrido visitaranse e, a maiores, daranse a coñecer «o que son os antigos curros, onde ían os pastores cos rabaños». Sumado a isto sinala que dentro da asociación esta «é unha das actividades que facemos case todos os anos en primavera xa que estamos nun concello que é unha marabilla». 

Para esta ruta contan con 30 persoas anotadas, a entrada ten un custo de 8 euros, pero «temos persoas de todas as idades». Yoli subliña que cada vez «están tendo máis expectativas. É certo que no concello hai rutas moi bonitas e estase dando a descubrir o que é Vilariño de Conso»

Se desexa escoitar a entrevista completa pódeo facer aquí: