
Melisa Macía falou co presidente do executivo autonómico de máis proxectos, todos de vital importancia para a vila
A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, reuníuse co titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo en Santiago de Compostela. Na capital da autonomía abordaron diversos temas vitais para o devenir do concello. Entre os proxectos abordados destacaron a residencia da terceira idade.
Esta xenerará uns 40 postos de traballo e contará con 70 prazas para usuarios, malia que ao principio contaba con 75, a pandemia da COVID-19 obrigou a modificar o proxecto para realizar habitacións máis amplias.
Con esto subsanaráse unha demanda histórica do pobo, xa que moitos residentes tiveron que irse para outros concellos para poder ser atendidos neste tipo de lugares. Feijóo comprometeuse a estudar a petición do concello de colaborar no concerto de prazas. Do mesmo xeito, sinalou que a Xunta tamén avaliará vías de colaboración co proxecto do concello para poñer en marcha un centro para persoas con trastornos de conduta.
Ademais, trataron a posibilidade de habilitar unha área de servizo de caravanas na estrada de Soutelo e tamén a construción dunha infraestrutura deportiva na área recreativa do Cenza.
O presidente da Xunta valorou a disposición do Concello para crear unha aldea modelo en Soutogrande, polígonos agroforestais e pastizais para o seu aproveitamento gandeiro e reforzar así a prevención de incendios forestais.