
"Sábeme a Vilariño de Conso" esta é a actividade coa que estrearán o outono no municipio. Unha iniciativa que se leva a cabo cada ano na que se une natureza, cultura e gastronomía. Será o vindeiro 22 de setembro e comezará ás 9:00 coa recepción dos participantes nos paneis informativos da ruta do Castelo de Cerveira, en Pradoalbar.
Este proxecto propúxose no GDR Sil-Bibei-Navea para así realizar un roteiro en todos os concellos que conforman esta asociación. «Tratamos de divulgar e xuntar nunha mesma actividade estes conceptos», asegura Melisa Macía, alcaldesa do municipio. Un dos puntos nos que fai especial fincapé é na «interpretación» da natureza, etnografía e arqueoloxía.
É unha «ruta moi bonita» conformase por todo o val do glaciar. Entón, Rubén e Gema serán os encargados de explicar toda a historia que conforma este lugar. Aínda que, para esta andaina «creo que as inscricións xa están cubertas».
Non todo será camiñar, xa que os participantes —30 en total— poderán degustar produtos típicos da zona. Será elaborada e presentada por A Curuxa do Río en colaboración co Concello. «Normalmente a demanda deste tipo de actividades son da costa», entón un dos obxectivos é que podan ter unha experiencia ao 100%.
Os participes tamén terán a opción de visitar «o corazón do noso concello» que é o museo etnográfico. Neste caso poderán saber máis da historia da zona e coñecer «como vivían os nosos antepasados».
A alcaldesa, dende o seu punto de vista, destaca a «gran beleza da natureza que temos no concello, é brutal». De feito, tamén resalta a proximidade do Parque Natural O Invernadeiro.
Se desexa escoitar a entrevista completa con Melisa Macía pode facelo na seguinte ligazón: