sábado. 25.06.2022
Presentación do VI "Festival Internacional Vibo Mask Mascarada Ibérica".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI edición do "Festival Internacional Vibo Mask Mascarada Ibérica". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; da alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; e dos membros da asociación "Robreda" de Viana do Bolo, Jorge Domínguez e Pedro Basalo.
Presentación do VI "Festival Internacional Vibo Mask Mascarada Ibérica".- Na sala de xuntas do Pazo Provincial terá lugar a presentación da VI edición do "Festival Internacional Vibo Mask Mascarada Ibérica". O acto contará coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; da alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; e dos membros da asociación "Robreda" de Viana do Bolo, Jorge Domínguez e Pedro Basalo.

ViBoMask inclúe dous grandes desfiles ó que hai que engadir actividades culturais que se desenvolverán dende o xoves 9 de xaneiro ata o domingo 12

 

O Festival Internacional Mascarada Ibérica 2020 ViBoMask é unha continuación e ampliación da Mascarada Ibérica que se vén celebrando en Viana do Bolo e Vilariño de Conso dende vai seis anos. Actualmente, ViBoMask constitúe a maior concentración de mascaradas de toda a península Ibérica.  

O Festival reunirá a 45 grupos procedentes das catro provincias galegas e de diferentes lugares da xeografía española como Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha e o País Vasco, aos que sumarán grupos de Portugal e Italia. ViBoMask congregará a máis de 1000 participantes de diversas mascaradas de inverno en Viana do Bolo e Vilariño de Conso.



O principal obxectivo de é conciencia-la sociedade sobre a importancia do variado e rico patrimonio que constitúen as mascaradas de inverno da Península e, ademáis, avala-la posibilidade dunha candidatura conxunta para que todas elas formen parte algún día da lista do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, elaborada pola UNESCO.

Programación

A VI "Mascarada Ibérica" comezará hoxe, 8 de xaneiro, ás 20.30 horas, coa presentación e apertura desta edición na Casa da Cultura en Viana do Bolo e mañá xoves, 9 de xaneiro, ao longo da mañá, continuarán neste municipio as actividades coa celebración de obradoiros e documental sobre as máscaras participantes nesta edición a cargo da asociación "Robreda" no CEIP Bibei. Ás 20.30 horas será a proxección e o coloquio do documental "Mar de Terra", de Jose A. Blanco e Kepa Junkera na Casa da Cultura.

O venres, 10 de xaneiro, ás 9.15 horas desenvolverase unha conferencia sobre o mundo da máscara a cargo de Jorge Domínguez, no IES Carlos Casares e, ás 20.00 horas, terá lugar a foliada coa participación de varios grupos de música tradicional galega nas rúas e bares de Viana do Bolo.

O 11 de xaneiro, a programación comezará ás 11.00 horas co ViTour, unha visita dramatizada polas rúas de Viana do Bolo e que terá como punto de saída a Praza Maior. Ás 13.00 horas será a presentación oficial do grupo invitado "Mamuthones e Issohadores" de Mamoiada (Sardeña), na Casa da Cultura. A xornada continuará desde as 13.00 ás 19.00 horas co ViMarket, un mercado de produtos artesanais locais na rúa Ceferino Armesto e a rúa das Mazairas.

Ás 16.30 horas terá lugar o desfile do VI Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask" tamén en Viana do Bolo, e desde as 20.00 ás 21.00 horas haberá unha actuación das pandereteiras da Asociación Fiadeiro de Vigo na Praza Maior, rematando ás 23.00 horas co ViMusic no que actuarán nese mesmo espazo, grupos de música tradicional galega.



En Vilariño de Conso, as actividades comezarán o venres, 10 de xaneiro, con obradoiros e o documental sobre as máscaras participantes nesta edición ao longo da mañá no CEIP San Martiño. E o domingo, 12 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, será o desfile do VI Festival Internacional Mascarada Ibérica “ViBoMask”.

Presentación no Pazo Provincial

 A presentación deste evento cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; e os membros da asociación “Robreda” de Viana do Bolo, Jorge Domínguez e Pedro Basalo.

A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que é «un anticipo dun dos maiores eventos culturais da nosa provincia, o Entroido» e desenvólvese en zonas rurais onde «se conservan as verdadeiras raíces da tradición e sinais de identidade», salientou Rosendo Fernández.

Neste mesmo sentido, Secundino Fernández dixo que este evento celébrase «nun concello no que o Entroido vai no ADN da xente» mentres que, Melisa Macía aludiu á crecente afluencia de participantes en cada edición grazas «ao labor que desenvolven as asociacións de ambos concellos e á implicación da sociedade».

Si desea escuchar la entrevista con Melisa Macía, alcadesa de Vilariño de Conso, pinche en el siguiente enlace:

Máis de 1000 participantes da Mascarada Ibérica chegan a Viana e Vilariño