
Que o rural necesita xente, é un feito. Para iso, necesítanse máis iniciativas como esta de "Ourense Rural é Vida". Esta vez desprázase a Vilariño de Conso.
O que se pretende é que todas as persoas interesadas poidan coñecer as oportunidades laborais que se ofrecen nas zonas rurais; mellorar ou empezar un novo negocio, neste caso en Vilariño; aprender como atraer a novos veciños e veciñas para contribuír co desenvolvemento.
Neste encontro poderás escoitar as experiencias dás persoas que apostaron polo rural como lugar de vida e traballo, e coñecer os recursos e axudas dispoñibles para impulsar un novo proxecto. Tamén poderás participar nun espazo de intercambio de ideas e propostas para dinamizar Vilariño de Conso e facelo máis atractivo e sostible.
Cando se poderá asistir a este encontro? Hoxe, 16 de xaneiro ás 18:00 no salón de plenos do Concello.