O Concello de Vilariño de Conso ten unha nova adquisición

Furgoneta de Vilariño de Conso. Foto de: Melisa Macía
Esta obtención fíxose a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia

«E para rematar o ano, chegou este agasallo do pandigueiro», así ou anunciaba Melisa Macía, alcaldesa do Concello de Vilariño de Conso. 

Fala da nova furgoneta adquirida mediante a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia. O que se pretende con ela é poder facer un servizo de recollida dos maiores e, tamén, facilitar a vida do traballo diario no Concello. 

O vehículo conta cun total de 7 prazas, así será máis fácil axudar aos máis lonxevos.