martes. 03.06.2025

Senda Sacauntos: Vilamartín estrea a I Carreira Vertical de Valdeorras con máis de 1.000 metros de desafío

A primeira edición, que será tamén Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertical, percorrerá 4,2 quilómetros desde a ponte Nova de Arnado ata o Alto do Monzón, reunindo máis de 200 participantes
somoscomarca_20241025_vilamartin_arnado_kilometrovertical_presentacion (2)
Presentación do Quilómetro Vertical

"Kilómetro Vertical" esta é a proposta deportiva que presentaban dende o Concello de Vilamartín para o vindeiro 3 de novembro. Una competición válida para o Campionato de Galicia. 

O Concello de Vilamartín de Valdeorras organiza a primeira edición en colaboración coa Federación Galega de Atletismo. O evento, que tamén será o Campionato Xunta de Galicia de Subida Vertical reunirá a máis de 200 participantes para competir nun percorrido de 4,2 quilómetros, superando un desnivel positivo de máis de 1.000 metros desde a ponte Nova de Arnado ata o cumio do Alto do Monzón, a máis de 1.300 metros de altitude.

somoscomarca_20241025_vilamartin_arnado_kilometrovertical_presentacion (1)

A presentación oficial da proba estivo presidida polo alcalde, Enrique Álvarez, quen destacou a relevancia de acoller un evento desta envergadura: «Bautizamos o percorrido como 'Senda Sacauntos' principalmente inspirados na súa dureza, como carta de presentación para todos os deportistas que acudirán á cita». Segundo o alcalde, esta competición supón unha oportunidade para dar a coñecer o potencial deportivo da comarca e atraer visitantes.

Pola súa banda, Manuel Rodríguez, delegado valdeorrés da Federación Galega de Atletismo, sinalou que a Carreira Vertical terá un significado especial para a comarca ao ser a primeira proba de trailrunning que se incorpora ao calendario oficial galego. Ademais, contará coa participación do actual campión galego de carreiras de montaña, Alejo Ares, e doutros destacados atletas da contorna. A maiores, tamén se atopaba na presentación José Parra do club Peña Trevinca. 

somoscomarca_20241025_vilamartin_arnado_kilometrovertical_presentacion (4)
Montaña do quilómetro vertical

O trazado da carreira estará composto por varias seccións diferenciadas, con tramos máis esixentes ao inicio e ao final do percorrido. A parte central, que vai do quilómetro 1 ao 3, permitirá aos corredores avanzar a maior velocidade, favorecendo os ataques en competición. Para aqueles que prefiran unha opción menos esixente, situarase unha meta voante no quilómetro 2,4, superando 560 metros de desnivel positivo.

O prazo de inscrición pecharase o 29 de outubro e xa se observa un impacto positivo na comarca, coa ocupación completa en moitos establecementos. A acreditación dos participantes e a entrega de premios terá lugar no Pavillón Municipal Luis Nogueira, desde onde se poderá acceder comodamente á saída da proba, bordeando o paseo xunto ao río Sil.

A I Carreira Vertical de Valdeorras promete converterse nunha cita ineludible no calendario deportivo galego, combinando o reto físico e a beleza paisaxística da comarca.

Si desexa ver o vídeo completo da presentación pode facelo aquí:

Senda Sacauntos: Vilamartín estrea a I Carreira Vertical de Valdeorras con máis de...