
Nestes momentos levan ardidas ao redor de 1 hectárea de masa forestal
O incendio forestal orixinouse nun cortafogos que están a desbrozar operarios debaixo da liña da rede eléctrica, no lugar de Córgomo.
Segundo relata o propio alcalde de Vilamartín de Valdeorras: «De momento avanza paseniño xa que remitiu o vento, pero aínda está na cabeza o último de San Vicente». «O lume está ós dous lados dun corta lume da rede eléctrica nunha zoa boscosa», explica. Polo momento cortaron o subministro eléctrico, é o que podo dicir», engade.
O lume que está en fase de extinción, comezou ás 13:38 horas no lugar de Santa Comba (Córgomo), na caída do monte cara O Mazo. Polo de agora, leva ardido 1 hectárea de masa forestal.
Están a traballar nestes intres dúas motobombas —a do Concello de Vilamartín e outra de medio Rural—, así como un helicóptero. En cuanto a efectivos humanos sinalar os 5 membros de Protección Civil de Vilamartín, 4 axentes e 6 brigadas de Medio Rural.