jueves. 08.06.2023

Fin de semana de calor e tormentas en Valdeorras

Fin de semana de festas na comarca, as do San Antonio, en Fontei; as do Casco Vello, no Barco; San Bernabé, en Valencia do Sil ou as do Pai Eterno, en Lardeira. O tempo que acompañará ás celebracións estará marcado polo calor e as tormentas.
somoscomarca_meteorologia_nubesyclaros_2022 (2)
Fin de semana de calor e tormentas en Valdeorrasernabé

«Mentres que a temperatura máxima probable, no sur de Ourense, estará en torno aos 35º, no Norte de Galicia non superara os 20º, en moitos puntos debido ao vento do Nordés», sinalan desde MeteoGalicia.

«Alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións pola tarde. En canto ás temperaturas, serán altas para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios. No referido á calidade do aire, agárdase que mellore dun grao favorable a un grao bo», é  a previsión para a fin de semana.

somoscomarca_meteorologia_nubesyclaros_2022 (1)

A combinación do aire cálido en superficie ca entrada de aire frío en altura vai facer aumentar a inestabilidade a pesar de que  teñamos en superficie altas presións. Probablemente  durante se xeren nubes de evolución o sábado e o domingo que poden derivar nalgunha tormenta. «Vai haber moita inestabilidade ás tardes o que pasa que a priori non se pode  localizar exactamente onde van  caer esas tormentas. Son chuvias moi localizadas, en principio a area máis probable e o Sur da provincia de Ourense e o Sur da provincia de Lugo», pronostican.

Que ten que ver o cambio climático?

«Sendo rigorosos non se pode dicir que esta situación sexa debido ao quecemento global. O clima ten unha variabilidade en xuño considerable. Na primavera déronse casos semellantes. No pasado a nivel peninsular tivermos vagas de calor no mes de xuño», sinalan desde a axencia de meteoroloxía galega.

«Para demostrar que isto ten unha relación directa co cambio climático, esta situación tería que repetirse mais veces que se repetiu noutros períodos», argumentan. «Sería un pouco máis complicado», subliñan.

somoscomarca_meteorologia_nubesyclaros_2022 (3)
Nubes de evolución

O aumento das temperaturas desde hai dous día débese a unha entrada de aire quente procedente do continente africano., así o sinalan: «A situación que estamos a pasar trátase da entrada de aire cálido que ven do norte de África. Unha masa importante de aire moi cálido que invadiu toda a península vai estar presente moitos días e, a nos en Galicia non nos afecta claramente porque temos moi preto o océano, o vento do Nordés que trae aire más húmido e máis fresco».

«Si que teremos temperaturas elevadas en Ourense, Valdeorras e no Val do Miño pero  son temperaturas que non se agardan que sexan estremas. Non van a superar en principio récords históricos, entran de algunha maneira da normalidade na variabilidade normal das temperaturas nesta época do ano».

A seca

Levamos un ano en que houbo varios meses coas precipitacións moi por debaixo do normal . A precipitación acumulada no mes de maio, respecto aos valores normais, quedou en  moitos puntos da provincia nun 20%, «e moi pouquiña auga».

«O preocupante é que entramos no período máis seco do ano. Estas chuvias de tormenta, realmente non arreglan nada, o final son chuvias  moi localizadas, de corta duración e as veces moi intensas, isto non contribúe moito a recuperara humidade do chan», resaltan.

somoscomarca_vianadobolo_embalse_oBao_reflejos_2022 (1)
Encoro do Bao en Viana

Pois iso! Fin de semana revolto no que a tormenta caerá onde as nubes e o vento elixan. Se vas de festa leva paraugas, por si acaso.

Fin de semana de calor e tormentas en Valdeorras