miércoles. 04.06.2025

Evaristo, Eduardo e Lucio: os tres de sempre

Son tres dos maiores afeccionados do CD Córgomo dende a súa creación, polo que o equipo presidido por Jorge Guitián quixo homenaxealos antes do encontro que disputaron onte
portada_somoscomarca_corgomo_lucio_2023-5394 (1)
Evaristo, Eduardo e Lucio: os tres de sempre

Se algo caracteriza ao CD Córgomo Vilamartín é a súa afección. Esa que cada 15 días enche o Campiño de Viloira e que tampouco renuncia a viaxar co equipo. Na casa ou fóra, hai tres que non faltan nunca: Evaristo, Eduardo e Lucio.

Estes tres veciños de Córgomo comparten unha enorme amizade, «e aínda somos algo da famila», contan a Somos Comarca. Tamén coinciden en que marcharon fóra a traballar durante 40 anos. Eduardo e Lucio fixérono a Alemaña e Evaristo, a Suiza. «Retornamos e retomamos a amizade», indican.

portada_somoscomarca_corgomo_lucio_2023-5394 (4)

Agora fan todos os días un percorrido de cinco ou seis quilómetros camiñando e pasan moito tempo xuntos. Nas fins de semana asisten sempre a ver o Córgomo, «que nos fan disfrutar moito».

Por iso, dende o equipo presidido por Jorge Guitián quixeron homexealos, sendo estes tres veciños de Córgomo a imaxe do cartel desta xornada, así como cun sinxelo acto antes do comezo do partido, algo do que están agradecidos.

portada_somoscomarca_corgomo_lucio_2023-5394 (2)

Onte, iso si, estaban tristes. O Córgomo caeu goleado ante o líder, aínda que Evaristo Eduardo e Lucio, os tres de sempre, teñen claro que «hai que tomalo con alegría e non preocuparse, porque esta é unha liga na que predomina a amizade».

portada_somoscomarca_corgomo_lucio_2023-5394 (3)

Evaristo, Eduardo e Lucio: os tres de sempre