
A loita por unha estrada de acceso a San Vicente de Leira continúa sendo protagonista no Concello de Vilamartín de Valdeorras. O pasado 3 de setembro tiña lugar un pleno extraordinario no que o alcalde, Enrique Álvarez, anunciaba os avances que se realizaron dende a alcaldía para esta construción e as peticións á Deputación de Ourense. Anunciábase así que se lle solicitaría a cesión dun treito terminal de 500 metros na OU-0807.
Pola súa banda, o ente provincial celebraba este 27 de setembro o primeiro pleno despois do verán. Un dos puntos da orde do día centrábase nesta concesión que remataba sendo aprobado.
Con este primeiro paso, segundo explica o alcalde, «creo» que a Xunta debe aprobar o cambio de titularidade e facelo público no Diario Oficial de Galicia (DOG). Unha vez rematados todos os pasos «tomaremos as rendas para tratar de facer unha entrada de emerxencia». Lugar que estará controlado por maquinaria.
A pesar deste primeiro avance, «a Deputación non cumpriu no seu momento co proxecto do ano 2017» e esta era a «única» solución que «atopamos». De novo, Álvarez, matizaba que esta non é «a entrada definitiva». No caso de que ese tramo se estabilizase «aínda que é complicado que suceda, poderíase abrir para que trazado para que os veciños o puideran utilizar».
«Seguirmos loitando» porque «hai xente que di que é inxustificable gastar eses cartos en San Vicente». A maiores, o alcalde, fai fincapé en que a Deputación está «mantendo illado» a todo un pobo. Ademais, resalta que «por aí levan pasado centos millóns de euros porque está a segunda mina máis importante de pizarra está nese chan». Polo tanto, sería «posible realizar un acceso» a esa explotación.
Si desexa escoitar a entrevista completa con Enrique Álvarez pode facelo aquí: