
23 de enero de 2019, 12:22
Axentes da xefatura da policía autonómica de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello de Vilamartín de Valdeorras.
O lume tivo lugar o pasado 14 de xaneiro na parroquia de Mazo e afectou unha superficie de 1,1 hectáreas de superficie rasa. O incendio iniciouse cando o investigado realizaba unha queima de restos forestais sen adoptar as medidas de seguridade pertinentes, o que propiciou que o lume se propagara por toda a finca. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución número 1 do Barco de Valdeorras.
Na actual campaña anti-incendios forestais de 2019, un total de 2 persoas foron investigadas pola policía autonómica como presuntas autoras de lumes.