"Kilómetro Vertical" esta é a proposta deportiva que traen dende o Concello de Vilamartín para o vindeiro 4 de novembro. Una competición válida para o Campionato de Galicia.
«Non son consciente de que haxa máis probas así no val de Galicia», asegura Enrique Álvarez, alcalde de Vilamartín. O propósito é «salvar 1.001 metros de altitude en arredor de catro ou cinco quilómetros».
Até o momento aínda non hai un lugar de saída, estase barallando a opción de catro puntos. Una das posibilidades é dende o pobo de Arnado até O Monzón. Outra sería a pasarela de Penouta e, a maiores, hai dúas máis en Valencia do Sil. «Isto é no que estamos traballando agora mesmo», conclúe o alcalde.
Curiosidades do "Kilómetro Vertical"
O inicio, normalmente, faise en modo contrarreloxo e de maneira individual ou en pequenos grupos. O principal obxectivo é completar o recorrido no menor tempo posible.
A condición física é algo a destacar neste tipo de probas. Os esforzos a nivel muscular son de alta intensidade. É importante coñecer o terreo para así conseguir unha maior velocidade.
O récord desta modalidade é para o español Kilian Jornet con 28:48, tempo obtido na zona de montaña en Noruega.