
Ante unha previsión meteorolóxica tan pouco esperanzadora para esta fin de semana, «o Concello de Viana do Bolo entende que é necesario intentar salvar unha das manifestacións máis senlleiras do noso Entrudio, coma son as comparsas».
Por esta razón, tomouse a decisión de instalar unha carpa en Seoane de Arriba, aldea onde tiña previsto representarse dende un principio. Segundo se explica a propia comparsa «colaborou na medida do posible».
Deste xeito, «aseguramos que toda a veciñanza poida gozar da disputa durante a tarde do sábado». Esta non é unha situación agradable para ningunha das partes, pero «ante a posibilidade de que a chuvia bote por terra un traballo de meses, entendemos que é a mellor solución.
Recordemos que a comparsa de Seoane de Arriba estaba programada para o sábado 10 de febreiro ás 17:00 horas.