
A localidade presenta un programa para todos os públicos con deporte, música ou teatro
O Concello de Viana do Bolo ven de anunciar o programa de verán ideadas para todos os públicos, nunha época na que con cabeza e sentidiño tratarán de recuperar actividades lúdicas e festivas. Todo ca finalidade de divertir a veciños e tamén aos turistas que cada ano acoden ata a vila, ou ben para disfrutar de todas as súas ofertas ou visitar a familiares.
Durante xullo e agosto haberá actividades de conciliación como a ludoteca e o campamento de verán, teatro, exposicións, andainas, rutas culturais e tamén música. Ademáis tódolos venres faránse as mañás activas en colaboración con Cruz Vermella.
O mes de agosto, máis concretamente o 15 e o 16 está marcado polas festas patronais da localidade. Debido a Covid-19 outro ano máis provocará que estes eventos sexan diferentes ao 2019 por exemplo. Aínda así haberá actuacións a pe de rúa, concertos de pequeno formato e tamén unha festa dedicada a os anos 80.
No apartado deportivo xunto cas andainas e as rutas en kayak ou as andainas, tamén levaráse a cabo o Campus do Atlético de Madrid e unha regata do campeonato provincial de piragüismo, na que haberá presenza valdeorresa. Esta proba será o vindeiro 8 de agosto.