jueves. 28.03.2024

Este concurso fotográfico ten como requisito que sexa do Entroido de Viana, con premio incluido a fotografía máis antiga

O Concello de Viana do Bolo organiza ca chegada do Entroido un concurso fotográfico co obxetivo de non esquecer estas datas tan especiais para a zona, e máis concretamente do municipio que no 2021 non poderá vivir nin o domingo gordo nin a Festa da Androlla.

Este evento pretende premiar a creatividade e a participación dos amantes da fotografía co motivo destas días no que os veciños da vila non poderán realizar festas debido a pandemia da COVID-19.

Poderán participar neste concurso todas as persoas que o desexen, e o único riquisito artístico será o Entroido de Viana. Cada autor poderá presentar ata un máximo de 5 fotografías, sempre en formato dixital.

En cada envío deberán achegarse os seguintes datos:

  • Nome e apelidos e número de teléfono do autor.
  • Título ou lema da fotografía.
  • Data de realización.
    Aceptaranse, de xeito provisional, fotografías feitas co móbil sobre as fotografías orixinais, mais para poder optar ó premio, o autor terá que encargarse da súa posterior dixitalización e de remitir os arquivos nos prazos oportunos.
  • O prazo de admisión das fotografías para o concurso finaliza o 17 de febreiro do 2021.

Os envíos deben facerse por correo electrónico ou WeTransfer á seguinte dirección [email protected]. A Asociación Robreda será a encargada de designar ao xurado, que poderá contar co asesoramento de especialistas na materia. O veredicto conxunto terá lugar o día 22 de febreiro, podendo quedar desertos todos ou parte dos premios, se así se decide.

Para a concesión dos premios valorarase: a calidade técnica da fotografía, a calidade do conxunto do traballo presentado por cada autor e a orixinalidade, os vencedores serán avisados por teléfono, mentres que únicamente se poderá obter un premio.

Estes quedan establecidos da seguinte maneira, o vencedor levaráse 250 euros, o 2º clasificado 150, e haberá mención especial a instantánea máis antiga cunha dotación de 100 euros.

Viana convoca o primeiro concurso fotográfico do Entroido