Traballadores da mina de Penouta: «A nosa mina non contamina»
Este sábado, 25 de novembro, convocouse unha nova concentración en Viana do Bolo. Seguen así en marcha as mobilizacións contra a paralización da Sección C da Mina de Penouta en Viana do Bolo.
A cita fixouse ás 12.00 horas na Praza Maior de Viana. O obxectivo, loitar polo futuro desta comarca e os seus arredores. Desde o Concello emitiuse un bando no que apoian esta nova reivindicación.
Con consignas como: «Penouta non se pecha», «A mina non contamina» ou «A mina é vida», os traballadores de Strategic Minerals e veciños da vila, percorreron as rúas de Viana para rematar onde comezou a marcha, na Praza Maior.
O pasado 9 de novembro Traballadores, sindicatos, representantes da compañía Strategic Minerals, asociacións sectoriais e autoridades manifestábanse fronte del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Cabe lembrar que a paralización da actividade foi necesaria tras o decreto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que solicitaba esta medida tras unha denuncia do grupo Ecoloxistas en Acción, que considera esta actividade de grave impacto sobre o espazo protexido de Pena Trevinca.
A primeira destas manifestacións foi a finais de outubro onde se concentraron cerca de 1000 persoas entre os que se atopaba toda a corporación municipal así como o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e os rexedores de Vilariño de Conso, A Veiga, San Xoán de Río, Larouco, O Bolo ou A Mezquita, ademais dos diputados provinciais e autonómico do BNG.