Roi Vega, o ‘killer’ do Vianariño xuvenil con case 60 goles

O talentoso xogador da Gudiña foi chave na final da Copa Deputación, anotando catro dos cinco goles do seu equipo 

Hai futbolistas que nacen con gol e Roi Vega é un deles. Aínda en idade xuvenil, con 17 anos, o xogador do Vianariño acaba de pechar unha campaña inmellorable, na que viu a portería rival en 57 ocasións, unha cifra elevadísima.

Cifra boa e que vai na liña do que foi a temporada para o equipo xuvenil do Vianariño, que primeiro ganou a liga, logo conseguiu o ascenso e a pasada fin de semana ergueu por segunda temporada consecutiva a Copa Deputación de Ourense.

Na final do trofeo provincial, ante o Carballiño B, a actuación de Roi Vega foi chave pois anotou catro goles na vitoria 1-5 do Vianariño nesa final.

«Foi un partido bastante complicado, pero sabiamos que xogando como viñamos xogando e co traballo desta temporada tiñamos opcións, di a SOMOS COMARCA. O rival non era cousa menor, pois conta con equipo en División de Honra, “e iso nótase, pero nós tamén temos un grande equipo».

O Vianariño xuvenil fixo fronte aos imprevistos que lle xurdiron polo camiño, como a lesión do porteiro, Alejandro, no treito decisivo. Por fortuna, o gardamallas «puido volver xusto para a final».

Celebrando uno de los goles del campeonato de Liga

Foi un ano completo para o Vianariño xuvenil, con liga, ascenso e copa. Foi este último título o máis festexado. «Ao ser lonxe de Viana a final —xogouse en Celanova]— non puido vir moita xente, pero celebramos moito ali coas nosas familias ao saír do pavillón»,  conta Roi, que xa pensa tamén no seu futuro: «Para ao ano aínda non sei que vou facer, pero teño algunha idea de ir xogar para Ourense».

Natural da Gudiña e formado nas EDC Verín, club no que aínda esta temporada tiña ficha, Roi Vega tamén competiu este curso co primeiro equipo do Vianariño. Xogou bastante na primeira volta e anotou un total de seis goles co sénior. Sumados aos que fixo co xuvenil, a cifra ascende aos 57 tantos.

Primero por la derecha, al final el encuentro que proclamó al Vianariño campeón de Liga