sábado. 20.04.2024
somoscomarca_gabrielalen_Visita_viana_ou533—202210-06
En marcha as obras de mellora da estrada OU-533 ao seu paso por Viana
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou esta mañá, acompañado do alcalde de Viana do Bolo, Andrés Montesinos, o inicio das obras de mellora do firme na estrada OU-533 ao paso polo seu concello, e que tamén se están a levar a cabo nos municipios de O Bolo e A Gudiña.

O delegado territorial explicou que nestas actuacións, con previsión de rematalas este mesmo ano, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste preto de 1,4 millóns de euros na rehabilitación do firme da estrada OU-533 no tramo comprendido entre os puntos quilométricos 0+8 e 33.

Nos treitos que presenten peor estado fresarase unha capa de 5 cm de espesor, que será reposto con mestura betuminosa en quente.

Ademais os traballos inclúen a limpeza de gabias e a execución nalgúns puntos de gabias de seguridade formigonadas. Tamén se realizará o repintado da sinalización en todo o treito de actuación.

En marcha as obras de mellora da estrada OU-533 ao seu paso por Viana