
24 de agosto de 2022, 21:18
Pouco antes das oito da tarde producíase un incendio nos arredores da antiga chacinera de Viana. De momento descoñécese o motivo que levou a prender ume dentro da edificación abandoada.
A chamada dun veciño alertando ao CIAE 112 fixo que se movilizase o GES da Veiga, a Policía Local de Viana a Garda Civil de Viana e a brigada do Concello. Cando o GES da Veiga chegou aol ugar do suceso os veciños xa tiñan controladas as lapas.
Non é a primeira vez que os veciños levan un susto coma iste, xa que o lugar é frecuentado por mozos que non sempre teñen o coidado necesario para que non se produzan incidentes deste tipo.