
Seguir medrando na Primeira Futgal e continuar coa formación das xogadoras son os obxectivos do Vianariño, que tras unha pretemporada curta comezou a liga con grande ilusión e un empate ante todo un Rúa Valdeorras. O adestrador, Anxo Macía, non marca metas concretas, pero si competir ante os 13 rivais aos que se van medir na categoría e mellorar os números do ano pasado, ofrecendo un mellor xogo en cada partido.
O Vianariño feminino ten dúas caras novas esta temporada. Incorporan a Sheila, que procede do A Gudiña, onde xogaba como porteira, aínda que tiña experiencias privas como xogadora. De feito, no equipo que prepara Anxo Macía actuará como peche, se ben o seu é un perfil polivante. A última en fichar polo equipo foi Zaira, que se incorporou para achegar gol, ritmo e intensidade.
En la guía 'Deporte de Valdeorras' tienes toda la información sobre el Vianariño Femenino y las fichas de cada uno de las jugadoras del equipo de Viana do Bolo y Vilariño de Conso.