sábado. 10.12.2022

As lapas ata o momento calcinaron unhas 200 hectáreas

Continúa estabilizado o lume forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición, segundo apunta a Consellería de Medio Rural é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 50 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.


Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.


Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Estabilizado el incendio de Pradorramisquedo (Viana do Bolo)