O equipo xuvenil do Vianariño ascende a Preferente Futgal

Primeiro gol do Vianariño
Celebración
Tamén na grada celebraron co bombo
Gol que entrou de una portería a otra sin que estuviese el guardameta por cambiar de posición
E o gol entrou
Inicio do 3 a 3
Celebración do terceiro do Vianariño
Ata o fondo
Celebrando o 5-3
O penalti colase polas pernas do guardameta
Ata o fondo o 6-4
Tras conseguir o título de liga, o conxunto de Iván e Manu ascende a categoría autonómica e aínda loitará pola Copa Deputación

Máis alegrías para o Vianariño nun 2025 para lembrar no club de fútbol sala de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. O equipo xuvenil logrou o ascenso este sábado nun ateigado pavillón de Viana ao vencer ao A Paz vigués (7-5) e conseguir unha das dúas prazas de ascenso a Preferente Futgal, categoría a nivel autonómico na que os celestes competirán a vindeira tempada.

Non hai campionato sen manteo

O Vianariño xuvenil fixérase co título de liga. Na competición provincial, o equipo dirixido por Iván e Manu sumara 40 puntos ao gañar 13 partidos, empatar un e perder en só dúas ocasións. Deste xeito, conseguiron praza para o play-off, xunto a outro equipo ourensán, dous de Pontevedra e catro de Vigo.

Na promoción, superaron 4-1 ao Valladares na primeira rolda e este sábado volveron conseguir a vitoria. Superaron ao A Paz ‘B’ por 7 goles a 5. Foi un partido emocionante. O Vianariño adiantouse, pero os vigueses déronlle a volta, se ben os celestes responderon ben. Os tres goles de Roi na segunda metade apuntalaron a vitoria. Antes anotaran Jesus Andree, Antonio, Alexandre e o propio Roi.

“Aos rapaces failles moita ilusión este ascenso e ao primeiro equipo axudaralle moito ter un xuvenil en Preferente, porque fai que poidas contar con máis efectivos”, apunta o presidente do club Víctor Ferreño.

Como se prevía, o pavillón de Viana volveu ser unha festa que animou aínda máis aos xogadores xuvenís do Vianariño a conseguir a vitoria. Co asubío final, comezou a festa. “Somos unha gran familia, e sempre intentamos encher o pavillón, independentemente da categoría”, recoñece Ferreño.

Pero, sen tempo para celebrar, ao xuvenil do Vianariño tocoulle volve ás pistas axiña. Este domingo, ás doce menos cuarto, tiveron partido de Copa Deputación ante o Coles. O resultado era intranscendente, porque o Vianariño xa estaba clasificado para as seminifiais do título provincial.

Así foron os derradeiros minutos de encontro e a celebración.