martes. 01.07.2025

Abelardo Carballo reitera a legalidade da moción de censura que o levou a alcaldía

O rexedor de Viana do Bolo saiu en defensa das verbas do edil Secundino Fernández, que ademáis lle pediu que abandone a alcaldía

O alcalde do Concello de Viana do Bolo, Abelardo Carballo, ven de emitir un comunicado onde deféndese das palabras do ex alcalde Secundino Fernández. Este acúsao de mentirlle a poboación da localidade. Segundo o rexedor todo ven precedido da solicitude do edil do BNG a hora de acceder as nóminas que Carballo precibiu durante os últimos meses.

O mandatario destaca que dispuxo a súa disposición a esta documentación na que se pode comprobar a renuncia ao cobor das retribucións de decembro do 2020 coa paga extraordinario máis as de xaneiro e febreiro de 2021.

Carballo subliñou respecto a moción de censura que o levou a alcaldía que tanto no informe da Secretaria do Concello, como no informe xurídico da Deputación, queda claro e patente sen ningún xénero de dúbidas, que está foi feita de forma totalmente legal, malia que Fernández declarou que non foi así.

«A miña designación como Alcalde foi plenamente axustadas a dereito. O único que está demostrando o ex alcalde nacionalista coas suas mentiras e os seus insultos nos medios de comunicación e nas redes sociais, é que non sabe asumir a pérdida da alcaldía, nin o feito de que este equipo de goberno está funcionando e preocupándose polo Concello, pretendendo co seu comportamento crispar e polarizar a veciñanza de Viana, trala sua mala xestión» destacou.

Pola súa parte, Secundino Fernández, subliñou que as súas verbas non son mentiras. «Se lle parece un insulto decir que é un tránsfuga, que ata o di o Tribunal Supremo, e un traidor para os veciños de Viana que non o fixera».

O ex alcalde tamén afirma que actualmente se ben non recibe un salario si continúa a cotizar a través do Concello de Viana, quen é, segundo o edil nacionalista, que paga os diferentes impostos salariais de Abelardo Carballo.

Por último, Fernández pídelle que abandone a alcaldía. «O concello e de todos os veciños. pretende ser o cacique de Viana do Bolo. A min non me amedrenta».

Abelardo Carballo reitera a legalidade da moción de censura que o levou a alcaldía