
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse ata o CEIP Manuel Bermúdez Couso, na Pobra de Trives, para supervisar as obras de substitución da cuberta do centro educativo. A intervención, na que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional inviste preto de 600.000 euros, forma parte das actuacións enmarcadas no Plan de nova arquitectura pedagóxica impulsado pola Xunta.
Acompañado da alcaldesa, Patricia Domínguez, Pardo explicou que esta nova infraestrutura, que abrangue unha superficie de 3.426 metros cadrados, busca «mellorar as condicións do centro educativo e garantir unha maior eficiencia enerxética», en liña cos obxectivos do Plan.Neste sentido, destacou que o propósito do plan é «dotar aos centros educativos da provincia de Ourense das mellores condicións para garantir unha educación de calidade, tamén desde o punto de vista das infraestruturas»
Pardo salientou tamén que «con esta e todas as actuacións que ten despregadas polos máis de 1.600 edificios escolares da Comunidade, a Xunta reafirma o seu compromiso coa creación de espazos máis accesibles e sostibles, orientados a beneficiar a toda a comunidade educativa».
Unha cuberta máis eficiente e sen filtracións
Segundo detallou o delegado territorial, os traballos consisten na substitución da antiga cuberta inclinada de chapa simple por unha nova estrutura de panel sándwich, un material con mellores propiedades illantes. Previamente, procedeuse á demolición da cuberta existente, eliminando así posibles filtracións e problemas de humidade detectados en distintas zonas do edificio.
Como parte da actuación, instalarase un illamento de polistireno sobre o forxado da cuberta, protexido posteriormente polos paneis sándwich. Tamén se renovarán os