jueves. 31.07.2025

Colombia, Taiwán e Serbia protagonistas indiscutibles dunha noite especial en Trives

A Pobra de Trives viviu unha noite de explosión da tradición folclórica recollida polos grupos durante anos de investigación
somoscomarca_2408014_obarco_folclore294
Colombia, Taiwán e Serbia protagonistas indiscutibles dunha noite especial en Trives

As noites das vilas ourensás continúan cunha cor e son moi especiais nesta semana, por mor das actuacións das seis agrupacións folclóricas que forman parte da XXXIX edición das Xornadas de Folclore. A vistosidade dos traxes, as danzas e os ritmos que o público goza son o resultado de anos de intenso traballo de investigación e recuperación do folclore tradicional que os grupos participantes levan a cabo nos seus países.

somoscomarca_2408014_obarco_folclore311

As Xornadas están organizadas pola Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e dos diferentes concellos anfitrións.

somoscomarca_2408014_obarco_folclore316

O repertorio de cada agrupación participante é tan só unha pequena mostra da gran riqueza e variedade cultural que acolle cada país. Os asistentes a pasada noite ás Xornadas en Trives puideron desfrutar co grupo composto pola Fundación Ballet Folclórico de Nobsa Colombia, Yuan Yuan Dance Group de Taiwán e Kud Srem de Serbia, fundado por un grupo de mozos en 1948, como “Grupo Educacional Cultural, Estrela Vermella”.

somoscomarca_2408014_obarco_folclore304

O grupo serbio, a principios dos 60, gañou o nome que hoxe ten, liderado por Slavka Jezdimirovic-Zelenika. Nos últimos anos, Branko Puric, un dos maiores expertos en coreografía e estilo, partiu de cero e formou un grupo de alto nivel, levando a Srem á cima da sociedade folclórica de Belgrado e Serbia. Nos seus 75 anos de existencia formáronse 7.500 mozos no campo do folclore, actuando en máis de 20 países e en máis de 75 festivais internacionais de folclore.

somoscomarca_2408014_obarco_folclore306

Hoxe 18 de agosto:  Xinzo e Castro Caldelas

Xinzo acollerá un pequeno desfile que partirá, ás 20,00 horas, dende o Toural ata a Praza para comezar o Festival ás 20, 30 horas cos grupos de Colombia, Taiwán e Serbia

A Praza do Prado, de Castro Caldelas, acollerá o segundo festival da noite, ás 22,30 horas coas agrupacións procedentes de Panamá, Senegal e México

Colombia, Taiwán e Serbia protagonistas indiscutibles dunha noite especial en Trives