Trives cancela feiras e comenza a facer desinfeccións
Estas novas medidas decidíronse tras o coñecemento de positivos por COVID-19 na vila
O Concello da Pobra de Trives decidiu cancelar as feiras quincenais programadas para as próximas datas, así mesmo nas horas do toque de queda comenzáronse a facer desinfeccións das rúas, todo elo tras coñecerse a existencia de casos positivos por COVID-19 entre a veciñanza.
Nas primeiras tarefas levadas a cabo durante a madrugada do 29 de outubro fíxose fincapé nos arredores do centro de saúde, xeriátrico, colexio, instituto, farmacia e supermercados, lugares onde a xente acosutma a reunirse por diferentes motivos.
Protocolo para o día de Todos os Santos
O vindeiro 1 de novembro os cemiterios recibirán como cada ano aos veciños que fan ofrendas florais aos seus defuntos, por elo dende o concello lanzan unha serie de recomendacións.
Deberase evitar o contacto físico sendo necesario cumprir coas medidas de distancia de seguridade interpersoais e de hixiene. Ademais, é necesario respetar as normas de agrupación de persoas establecidas polas autoridades sanitarias específicas en cada localidade, neste caso son 5.
Prégase que a estancia nos camposantos sexan o máis breves posibles e acudir en horas de pouca afluencia para evitar aglomeracións e recórdase que está prohibido compartir os útiles de limpeza das lápidas.
Cita previa no concello
Dende o consistorio veñen de anunciar a necesidade de acudir con cita previa a Casa do Concello para calquera trámite debido a necesidade de evitar aglomeracións no recinto previndo así posibles contaxios.