O alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, vén de completar unha intensa axenda de tres días en Bruxelas, onde participou en encontros estratéxicos do Comité Europeo das Rexións e do EPP-CoR.
A invitación recibida supón un recoñecemento ao labor internacional que está a desenvolver o Concello e converteuse nunha oportunidade para sementar proxectos que repercutirán directamente no día a día da veciñanza.
Durante a súa estancia abordáronse cuestións centrais para o futuro do municipio, como o acceso á vivenda no medio rural, a creación de emprego, o reforzo do sector primario e outros temas de carácter estratéxico.
Non foi unha viaxe que remata ao regresar, senón o inicio dun proceso de traballo continuo, o que se sementou en Bruxelas deberá cultivarse en San Xoán de Río nos vindeiros meses.
«Este foi unha viaxe de traballo no que plantamos as sementes de moitos proxectos. Agora, co esforzo diario, esperamos recoller os froitos para mellorar a calidade de vida e o futuro do noso municipio», sinalou o alcalde.
A presenza de San Xoán de Río nestes espazos europeos abre a porta a novas oportunidades, colaboracións e ideas que, co seguimento adecuado, poderán transformarse en beneficios reais para toda a comunidade.
