martes. 19.03.2024

O camiño arrincou coa música oficial do Xacobeo 2021 interpretado polo Orfeón Trivés acompañados da Orde Templaria nunha marcha visibilizadora da ruta xacobea e reivindicativa contra a violencia de xénero. «Onte realizamos en Trives en coordinación coa Asociación para o Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, cos que traballar conxuntamente sempre é tan sinxelo. Estivemos acompañados do seu Presidente, Paco Magide e teniente Alcalde de Parada de Sil, as alcaldesas de Castro Caldelas, Sara Inés Vega e a de Vilariño de Conso Melisa Macía; o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez; a ex-secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara e por suposto, pola alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez. Tamén asistiron e os concelleiros Miguel Sierra é Cristina Paz», informa a nota de prensa enviada desde o Concello da Pobra de Trives.

somoscomarca_trives_andaina_gdr_templarios_2021 (1)

«Gracias a Silvia e Ángeles do GDR pola colaboración constante e tamén a Protección civil por axudar a controlar a seguridade. Ao rematar o Camiño, realizamos unha conexión cos 24 GDR de Galicia e coa Secretaria de Igualdade da Xunta, Susana López, e a directora do Agader Inés Santé, onde tuvo lugar a lectura de distintos manifestos contra as violencias de xénero», explica a nota informativa.

somoscomarca_trives_andaina_gdr_templarios_2021 (2)

Os templarios despediron o acto formando ao son dos tambores. Degustáronse produtos da terra para que «todos os camiñantes regresen a percorrer o Camiño a Trives e a nosa gastronomía».
«Completouse o aforo de asistencia, o que nos anima a moi prontiño, repetir si a pandemia o permite», remata o comunicado.

bd391644-d099-4f67-ae23-fd286b7f51f3

O rural contra a violencia de xénero recorreu o Camiño Augas Sacras, en Trives