A Pobra de Trives preparou para este outono un conxunto de actividades para tódolos públicos organizadas tanto polo Concello como por diversas asociacións da vila. Trátase dun programa cultural e de ocio que conmemorará, entre outras cousas, varios días internacionais, comenzando polo Día Internacinal da Muller Rural cuxa celebración terá lugar hoxe luns día 15 de outubro ás 19:00 horas en Casa Agenor, no pobo de Cova, organizado polo Centro de Información á Muller.
O día 27 de outubro celebrarase en Trives o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia cun acto ás 12:30 horas no cemiterio municipal. Ese mesmo día a compañía Bandullo Azul será a encargada de levar a cabo o contacontos Filipa cos contos... Mar adiante!! para nenos de entre 4 e 12 anos, na biblioteca municipal, a partires das 17:00 horas.
O mes de novembro comeza no concello de Trives cas XIX Xornadas Micolócicas organizadas polo Clube Montaña nos días 2, 3 e 4. O sábado día 10 de novembro terá lugar o Magosto, organizado polo Concello, e o martes día 20 celebrarase o Día Internacional dos Dereitos do Neno cun obradoiro para os máis pequenos na biblioteca. O venres 23 de novembro chegará a Trives a obra de teatro Loló e Mamá dirixida a tódolos públicos a partires das 20:30 horas no Auditorio Julio Vázquez, e ao día seguinte, sábado 24 de novembro, a Asociación Cultural A Caniceira organiza os X Cantos de Taberna.
Non quedará sen acto de celebración en Trives o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller organizado polo CIM para o domingo día 25 de novembro.