«O cribado servirá para facer unha radiografía real do virus»
Xose Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río, anima a participar a toda a xente chamada no cribado desta tarde
Este martes a Consellería de Sanidade relizará un cribado no Pavillón Municipal de A Pobra de Trives a 800 veciños, do PAC que engloba a Trives, Manzaneda e San Xoán de Río, que están chamados a facerse unha proba PCR para coñecer a incidencia do virus na zona.
Según explica Xose Miguel Pérez, alcalde de San Xoán de Río, a idea da realización dos test nace ante o gromo que se produciu no colexio de Trives, xa que a maioría dos cativos son asintomáticos polo que puideron levar o virus aos seus familiares, se ben semella estar controlado, para o rexedor esto servirá facer unha radiografía da situación real.
Pérez anima a todo o mundo a participar «Non costa nada, e así podemos detectar asintomáticos. Seguramente o 99% dea negativo, ou pode que non salgan positivos, pero en caso de detectalo permite avisar e protexer a xente, ademáis garantiza que os negativos comproben que están limpos do virus» subliñou.
Dende Río, aseguran que malia as restriccións actuais, sempre existe polo menos un contacto estreito, xa sexa na casa ou no posto de traballo, e en caso de detectar novas infeccións a situación respecto as restriccións non mudarán. «Seguiremos traballando para quedar sen casos, actualmente só hai 5 en Trives» destacou.
A vacinación chave
Para Xose Miguel Pérez, o proceso de vacinación e unha das principais premisas a hora de acabar co virus, móstrase satisfeito de que a día de hoxe nas 3 residencias de maiores situadas na área de influencia do PAC os seus residentes xa estén inmunizados, e agora ademáis comezaráse cos maiores de 80 anos, malia iso subliña que os próximos meses serán chave xa que debido a baixa incidencia do virus nas outras ondas aínda hai moita xente susceptible a contaxiarse.
«Estamos a piques de solucionar o tema, estamos cansados, pero por exemplo en San Xoán de Río, con 500 habitantes morreron 4 persoas do virus. Por respeto aos nosos veciños, debemos acudir, se as vacinas chegan o antes posible despois os contaxios serán de menor risco, pero primeiro non costa nada acudir ao cribado» conluiu Pérez.