jueves. 28.03.2024

Dende o consistiroio piden que se proceda a limpeza da maleza desta ponte romana que actualmente é atravesada pola OU-636

O Concello da Pobra de Trives ven de emitir un comunicado, a través do alcalde en funcións Miguel Sierra, onde insta a Xunta de Galicia para que procedan a limpeza da Ponte Bibei. Asegurando que actualmente encóntrase chea de maleza. Sobre a mesma transcorre unha estrada de titularidade autonómica como é a OU-636 que une A Rúa con Trives.

Dende o consistorio lembran o valor desta infraestructura que está datada entre o ano 114 e 119 D.C. na época do emperador Traxano e construída para dar continuidade a Vía XVIII. Subliñan tamén que é BIC da Ribeira Sacra manténdose inquebrantable co paso do tempo e o transcurrir diario de vehículos, incluso camións.

Esto débese a que a OU-636 e a conexión principal de Terras de Trives con Valdeorras. O consistorio fai un chamamento a sensibilidade, á coherencia e á responsabilidade para realizar a limpeza desta infraestructura histórica que debe ser preservada e valorada.

O Concello de Trives pide a limpeza da Ponte Bibei