domingo. 08.06.2025

El GDR Sil Bibei Navea da a conocer su nuevo proyecto

A Asociación para o desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea que abarca os concellos de  Parada de Sil, Montederramo, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, San Xoán de Río, A Pobra de Trives, Manzaneda, Viana do Bolo y Vilariño de Conso, impartirá unhas charlas informativas sobre o novo programa Leader Galicia 2014-2020.  Con estas charlas pretendese por en práctica  a filosofía LEADER que é involucrar ó maior número de xente posible na formulación de propostas que se poidan incorporar agora que se está elaborando a estratexia do programa, estratexia que a Xunta Directiva da asociación encargou por unanimidade  o equipo técnico anterior debido o seu perfecto coñecemento do territorio.

A asociación pretende continuar coa dinámica anterior xa que o resultado foi  unha xestión das mellores de Galicia en canto a execución dos fondos, quedando  proxectos  presentados pero sen poder executar por falla de fondos.

A nova asociación Sil-Bibei-Navea  xestionará  posiblemente  cerca de 4.000.000 de euros polo que se fai un chamamento a cidadanía, emprendedores, e institucións a que acudan as xuntanzas nas que se explicarán as novidades do programa entre as que cabe salientar a maior competencia da asociación para elixir de entre os proxectos presentados os que se consideren prioritarios para o desenvolvemento do territorio.

Có animo de acercar a información ó territorio inicialmente están programadas as seguintes charlas , na que a Xerente do Grupo e a Técnico informran e se someterán a unha rolda de preguntas,  sempre có obxectivo de animar a xente a presentar proxectos no futuro, candos e abra o programa. Salón nobre do castelo  de Castro Caldelas, o día 9 de maio,  na sala de reunións do edificio anexo o concello de A Pobra de Trives  o día 10  e por último no concello de   Viana do Bolo,  no salón de plenos o día 11 en el salón de plenos Todas se celebrarán ás 8 da tarde.

El GDR Sil Bibei Navea da a conocer su nuevo proyecto