jueves. 30.11.2023
somoscomarca_trives_accidente_pontebibei
Ferido grave un ciclista que circulaba pola OU-636 a altura da Ponte Bibei

Un ciclista que circulaba pola estrada OU-636 que une Larouco e Trives, por causas que aínda se descoñecen bateu contra o pavimento, resultando ferido de gravidade.

«Foi evacuado pola ambulancia desde o lugar do suceso até o helicóptero H4 que estaba agardando na Pobra de Trives», informan desde os servicios de emerxencias.

Interviñeron Protección Civil de Trives, Policía Local de Trives, ambulancia de soporte vital básico de Castro Caldelas e helicóptero H-4.

somoscomarca_trives_accidente_pontebibei

Desde o Centro Integrado de Axuda e Emerxencias CIAE-112 Galicia informan: «O suceso tivo lugar ás once desta mañá, segundo indicaron os profesionais sanitarios que chamaron ao 112 Galicia para informar da mobilización da aeronave. Na súa comunicación cos responsables do 112, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 indicou que o ciclista puido sufrir unha caída e perder o coñecemento».

«Así, para prestar apoio ao equipo médico, os responsables do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a colaboración dos efectivos do GES de Castro Caldelas, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como de os axentes locais de Protección Civil»

Finalmente, o ferido foi evacuado en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Fotos cedidas

Ferido grave un ciclista que circulaba pola OU-636, a altura da Ponte Bibei