
Trives quenta motores para un Entroido que comezará o vindeiro 12 de febreiro a partires das 15:00 horas. A Asociación Os Labregos organiza un desfile no que participarán 13 agrupacións que percorrerán a vila, dando comezo dende a Finca da Barreira. Ademais, o dÃa culminará coa actuación da orquestra ParÃs de Noia.
Javier RodrÃguez, presidente da asociación, explica que este ano teñen máis ganas que nunca, posto que no pasado 2022 o Entroido estivo marcado polas restricións da Covid-19. “O dÃa doce vai ser un dos dÃas máis fortes do Entroido, tanto de Trives como da provincia de Ourenseâ€, afirma.

Os Labregos abrirán o desfile como anfitrións, e despois seguiranos os folións As Maceiras, A Lardeira e A Caniceira (de Trives), Os Arrierios de PetÃn, Os Viticultores de VilamartÃn; os folións da Veiga, Manzaneda, Chandrexa de Queixa, Fradelos, Buxán, Carracedo da Serra; e a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso. Unha vez rematado o percorrido terá lugar unha xuntanza con merenda para os folións. “Estamos moi contentos coa colaboración do Concelloâ€, recoñece RodrÃguez.

Os Labregos non só tocarán o dÃa 12, senón que como explica o seu presidente, “comezaremos esta fin de semana e non pararemos ate o 25 de febreiro, case un mes de actividadeâ€. Esta asociación conta con 86 membros de todas as idades. “É moi emotivo porque aprendes tanto das ganas dos pequenos, como do sentimento dos máis maiores, da forma que o seguen a vivir aÃnda que xa non camiñen ben ou teñan dificultadesâ€, recoñece Javier RodrÃguez.

E é que o Entroido é un sentimento “que só o coñece a xente que toca un bombo ou que se enfunda un traxe de boteiroâ€. Para o presidente de Os Labregos de Trives é “algo que non ten explicación, soamente a que sintas propiaâ€.
