domingo. 21.04.2024
somoscomarca_240217_sanxoanderio_deporte_enduro
O enduro volveu a San Xoán de Río

O Sábado 17 de febreiro as motos volvían aos montes de San Xoán de Río onde se celebraba a Liga Galega de Moto de Campo de Enduro. Unha proba de resistencia pola natureza que require habilidade, maña e una velocidade entre os 30 e 40 quilómetros hora.

Os primeiros en competir eran os pequenos na proba de mini enduro que comezou ás 10.30 horas para dar paso aos sénior a partir das 13.00 horas.

Unha xornada deportiva que levou aos montes de San Xoán de Río o espectáculo sobre as dúas rodas.

A liga que está formada por 8 probas comezou o pasado 4 de febreiro na Peroxa e ademais de estar en San Xoán de Río tamén se disputará o 12 de maio no Barco. O 10 de novembro rematará en Piñor

O enduro volveu a San Xoán de Río