
4 de septiembre de 2020, 12:21
As autoridades sanitarias xa comezaron o rastrexo de contactos do afectado polo Covid
O Concello da Pobra de Trives ven de informar dun novo caso de Covid-19 que afecta a un veciño residente na localidade.
Neste caso o paciente e asintomático, e xa comezou o rastrexo dos seus contactos por parte das autoridades sanitarias. Dende o concello destacaron a colaboración do afectado dende o primeiro momento, publicando el mesmo o seu positivo tal e como subliñaron.
Dende a alcaldía deséxanlle unha pronta recuperación, así mesmo hoxe haberá unha reunión do comité de emerxencia e posteriormente trasladarán a toda a veciñanza a información para o seu coñecemento.
Por último dende o concello apelan a tranquilidade e a responsabilidade individual, extremando todas as precaucións no día a día.