sábado. 20.04.2024

A igrexa  da Pobra de Trives, acolleu na tarde-noite do martes, 27 de decembro, o tradicional Concerto de Nadal da Real Banda da Deputación de Ourense. Un acto no que se estreou o canto pastoril «Oredaledou». Lucía Pérez e o seu irmán Xabier Vizcaíno puxeron a voz este canto que chega até o norte de Portugal.

Non faltaron os cantos de seitura e de Nadal das cantareiras de Terras de Trives e Valdeorras coma os de Jacinta Fernández de Lentellais, Digna ou Blandina das Terras de Trives e Manzaneda.

O acto dividiuse en tres partes. A primeira na que a Real entrou na igrexa coa marcha procesional dos Caladiños e outras pezas da agrupación coma o saúdo de percusión, o pasodobre «Pastora da serra sola» ou as polcas dos camàneiros de Vilagarcía. Se queres ver o vídeo clica aquí.

IMG_6352
Patricia Domínguez, entregando un exemplar de Cantos da Seitura a Xabier Vizcaíno

A segunda foi quenda para o grupo de da Escola Provincial de Gaitas, para as cantareiras de seiura e para Alexandre Suárez.

Na terceira parte a protagonista foi a eurovisiva Lucía Pérez quen ao carón do seu irmán Xabier Vizcaíno púxolle voz  boa parte das pezas que se interpretaron. Sen dúbida a que máis emocionou aos asistentes foi ese da Ave María de Schubert que puxo en pé aos asistentes.

IMG_6363
Foxo entrégalle a medalla da Deputación a Carlos González

Na quenda de agradecementos comezou a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez  quen salientou  a presenza dos veciños no acto. Entregoulle ademais unha placa conmemorativa ao director da Real Banda, José Luís Foxo e o libro de cantos de Seitura a Lucía, Xabier e a violinista Tatiana Kostomarova.

IMG_6195
As cantoras da Seitura

Pola súa banda Foxo tamén fixo os oportunos agradecementos ademais de entregar a medalla da Deputación ao músico e profesor de percusión da Escola de Gaitas de la Deputación Carlos González polos máis de 35 anos ao servizo da agrupación e da música.

IMG_6187
Público asistente ao Concerto de Nadal

O Concerto de Nadal encheu a igrexa de Trives