viernes. 29.03.2024
portada_somoscomarca_trives_colegio_santaleonor
O edificio Santa Leonor da Pobra de Trives acollerá a mostra «Castelao grafista (facsímile)»

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o Concello da Pobra de Trives e ABANCA presentan na Sala de Exposicións do Edificio Santa Leonor —rúa Eumenio Ancochea, 15— a mostra «Castelao grafista (facsímile)». A inauguración terá lugar mañá, xoves 12 de xaneiro, ás 11.30 h e contará coa asistencia de Patricia Domínguez Barja, alcaldesa da Pobra de Trives; Cristina Paz Elías, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación e Cultura da Pobra de Trives; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta o 11 de febreiro na Sala de Exposicións do Edificio Santa Leonor e poderase visitar luns a venres, de 10.00 a 13.30 h e de 16.30 a 18.30 h; sábados e festivos, de 11.00 a 14.00 h e de 16.30 a 18.30 h. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.

O edificio Santa Leonor da Pobra de Trives acollerá a mostra «Castelao grafista...