martes. 24.06.2025

Comezan as obras dos Plans Provinciais en Manzaneda

Faránse arranxos en Soutelo, Borruga e no propio centro da localidade de Manzaneda, dentro das melloras provinciais do ano pasado

Os Planes Provinciais da Deputación de Ourense do 2019 destinados para o Concello de Manzaneda comezan a executarse, estas obras que consisten en melloras de diversas rúas dentro de diferentes núcleos de poboación dentro do propio municipio.

Neste caso comezaron cas obras na localidade de Soutelo, onde se botará unha capa de aglomerado a unha das rúas da aldea, tamén farán dous tramos con doble rego na localidade de Borruga e no propio centro de Manzaneda, que vai dende a entrada do CEIP de Manzaneda -na Rúa do Pendón- ata a farmacia da localidade, situada na Praza de Gabino García.

Piscinas

Por outra banda, dende o concello están a preparar a apertura das piscinas municipais da vila, como no resto das instalacións da zona, estas estarán parceladas para manter as distancias sociais, así mesmo implementaránse todas as medidas de hixiene establecidas. Amable Fernández, alcalde da localidade espera que comecen a funcionar este sábado.

Ademáis, este vindeiro 13 de xullo dará inicio o campamento para os cativos, que durará ata o 28 de agosto.

Comezan as obras dos Plans Provinciais en Manzaneda