lunes. 23.06.2025

Colisión entre unha autocarabana e unha moto na estrada que vai a Navea (Trives)

Non houbo feridos e todo quedou nun susto aínda que a estrada que conduce a Navea quedou cortada ate que se aclararon os feitos debido ao estreito da vía
somoscomarca_trives_accidente_navea_202320232149 (1)

O suceso ocorreu na tarde do venres 4 de agosto na estrada que conduce a Navea, Unha moto e unha autocarabana colisionaron e aínda que nun principio a moza que ia de acompañante na moto se queixaba dun ombreiro por bater contra unha pedra tras o choque, non foi necesario o seu traslado na ambulancia do 061 que acudio o lugar dos feitos.

Na autocarabana viaxaba unha familia francesa e tampouco tiveron que ser atendidos polos servicios do 061. Ademais até o lugar trasladouse Protección Civil de Trives, o GES e mais a Garda Civil de Tráfico que foron avisados unha vez sedeu alerta ao CIAE-112 Galicia.

A estrada que conduce a Navea desde o cruce de O Castro e A Ferreiría, a OU CV 65, estivo cortada por mor do estreito da vía.

somoscomarca_trives_accidente_navea_202320232149 (2)
somoscomarca_trives_accidente_navea_202320232149 (2)

Colisión entre unha autocarabana e unha moto na estrada que vai a Navea (Trives)