jueves. 28.09.2023

Este sábado,  27 de maio celebrábase a 4ª carreira da tempada de enduro da Liga Galega da Moto de Campo, na zoa dos Biocos, San Xoán de Río.

«Un día xenial no que visitou San Xoán de Río moita máis xente que poboación temos. Preto de 200 participantes chegados dende Andalucía, Extremadura, Asturias, Portugal e de todos os lugares de Galicia», asegura o alcalde Xosé Miguel Pérez.

somoscomarca_sanxoanderio_enduro_2023866 (8)

«Moi feliz co ambiente creado hoxe, 100% de ocupación da hostelería e preto de 1.000 persoas que descubriron San Xoán de Río e que voltarán», subliñaba o alcalde.

Desputáronse probas de Mini Enduro e Enduro que son válidas para a Copa Deputación. O Enduro de Clásica é valido para trofeo de Clásicas de novas categorías.

somoscomarca_sanxoanderio_enduro_2023874 (1)

Fotos cedidas polo Concello de San Xoán de Río 

Cerca de 200 participantes na Enduro de San Xoán de Río