viernes. 19.04.2024

Arestora están solicitados os medios da Unidade Militar de Emerxencias, Quiroga encóntrase sen servizo telefónico por culpa das lapas

O incendio forestal que comezou esta mañá no concello lucense de Ribas de Sil afecta xa a 500 hectáreas, cercando varios pobos do municipio limítrofe de Quiroga, e deixando sen luz nin servicio telefónico a cabeceira da localidade quiroguesa.

Tamén permanece decretada a Situación 2 como medida preventiva. Esta situación operativa de emerxencia declarouse pola proximidade do lume ao núcleo de Rairos. Dende o consistorio de Quiroga confirman a chegada do exército a localidade.

A súa vez concretan que pobos como Margaride de Lor ou Nocedo encóntranse nunha situación complicada.

Este lume comezou ás 12,47 h. de hoxe. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 4 técnicos, 4 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 8 avións e 14 helicópteros e a da Unidade Militar de Emerxencias (UME). 

Permanece tamén activo o lume rexistrado ás 21,42 h. de onte neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 5 técnicos, 17 axentes, 31 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Foto: Diario de un bombero-BRIF de Laza.

O incendio de Ribas de Sil, que tamén afecta a Quiroga calcina 500 hectáreas