Nava Castro presidiu o acto inaugural da Mostra de Aceite de Quiroga

Cinco produtores locais de aceite e artesáns da madeira de oliva, de marmeladas, un cesteiro e un posto de xoguetes mostraron e ofreceron aos visitantes os seus produtos

A directora da axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu este domingo o acto da inauguración da  Mostra  do Aceite de Quiroga, que se celebrou en Bendilló e que chegou á súa décimo segunda edición. Estivo acompañada polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé:  delegado territorial da Xunta, Javier Arias; subdelegada do Goberno, María Isabel Rodríguez; deputada  provincial, Pilar García e o anfitrión, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.

Aplausos para Os do Recanto que amenizaron o acto inaugural

Unha vez cortada a banda, dirixíronse ao muíño de aceite de Bendilló, onde puideron ver  como funcionaba o antigo muiño accionado por un burro. O edificio restaurado consérvase como nos vellos tempos e transpórtanos ao pasado.

Nava Castro no muíño de Bendilló

Na capela do San Xoán das Farrapas, situada preto do muiño mostrouse nunha pantalla, durante todo o día, documentais e actividades en torno á mostra.

Capela do San Xoán das Farrapas

A agrupación local, Os do Recanto, acompañaron aos visitantes coa súa música por todo o recinto e tamén fixeron soar a súas gaitas no acto inaugural.

Os do Recanto no recinto da Mostra

Na mostra gastronómica declarada festa de interese turístico de Galicia desde o ano 2013 participaron cinco produtores locais de aceite de oliva que ofreceron os seus produtos nos postos de venda instalados no recinto. Non faltou o artesán local de madeira de oliva, Pablo Rodríguez, quen realiza todo tipo de utensilios de cociña con este material.

Nava Castro saúda a Pablo Rodríguez, artesan do obradoiro Armaior

Un posto de xoguetes de madeira e un cesteiro facendo cestas diante de todo o mundo foron un atractivo máis. Non faltou o pulpo e churrasco na carpa destinada a tal menester.

José Tomé, mostra interese por un cascanoces feito en madeira de oliva

O sol de xustiza apretou nas horas centrais do día e aínda que a tormenta quixo estragar ao final do día a Mostra. Non o conseguiu.

O cesteiro relizando cestas ao vivo