viernes. 29.03.2024
somoscomarca_quiroga_paradasdebus_2022 (4)
O autobús que vai do Barco a Ourense recupera as paradas de Quiroga. Parada de bus de O Novais

Segundo a nota enviada polo BNG de Quiroga: «A principios de abril deste 2022 recibimos queixas veciñais en relación á supresión de paradas de autobús no servizo que fai o percorrido O Barco-Ourense, concretamente  no tramo que transcorre polo Concello de Quiroga.

Tras consultar servizos e horarios do devandito traxecto coa empresa adxudicataria, comprobamos que efectivamente hai 3 servizos de ida e dous de volta ao día, tendo informadas tamén ao público todas as paradas na súa páxina web. No caso do tramo que transcorre polos límites do Concello de Quiroga só constaban 5 paradas (San Martiño-Alvaredos, Bendollo, Quiroga, Augasmestas, Conceado), sendo unha delas a da capitalidade, Quiroga.

somoscomarca_quiroga_paradasdebus_2022 (3)
Parada de autobus no Soldón en plena N-120

Tendo en conta o anterior entendemos que había paradas que se suprimiron que daban cobertura a moitos núcleos rurais aos que deberían garantir un servizo e consideramos de xustiza solicitar a recuperación das mesmas. As paradas que non constaban nin como paradas oficiais nin tan sequera como “paradas baixo demanda” eran as seguintes: Montefurado, Bendilló, Paradaseca-Sequeiros, Os Novais, O Nocedo e Freixeiro.

Así as cousas, o día 12 de abril dirixímonos ao Servizo de Mobilidade de Ourense –Consellería de Infraestruturas e Mobilidade-- solicitando se tivera por presentado o escrito dando traslado da situación que xerou queixas dalgúns veciños e veciñas, e tamén pedindo que se incluíran as paradas xa comentadas no servizo de autobús que fai o traxecto O Barco-Ourense.

Semanas despois, o Concello de Quiroga anunciou que realizara tamén unha xestión coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia solicitando tamén a recuperación das paradas que facía o servizo de autobús da liña O Barco – Ourense dentro do termo municipal de Quiroga. E, segundo sinalaba tamén no seu comunicado, o servizo nas paradas indicadas sería recuperado.

somoscomarca_quiroga_paradasdebus_2022 (2)
Parada de autobús de Sequeiros

A día de hoxe, e tras contrastar información coa propia empresa concesionaria, comprobamos que as paradas foron xa incorporadas ao itinerario tendo a día de hoxe activas todas as posibles dentro do termo municipal de Quiroga. Esas paradas son: San Mariño de Alvaredos, Montefurado, Vilaster, Bendollo, Sequeiros, Novaes, Quiroga, Nocedo, Augasmestas, Freixeiro e Conceado.

Deste xeito, e tras ambas xestións, a do BNG de Quiroga e a do Goberno Municipal de Quiroga, recupéranse como paradas oficiais, e sen necesidade de ‘pedilas a demanda con antelación’, Montefurado, Vilaster-Bendilló, Sequeiros-Paradaseca, Os Novais, Nocedo e Freixeiro.

somoscomarca_quiroga_paradasdebus_2022 (1)
Parada de Montefurado

Comprobamos así mesmo que a información xa aparece na web da empresa concesionaria do servizo de autobús O Barco-Ourense e agora procederemos a informar á veciñanza e a poñer nas paradas os paneis que detallan paradas e horarios», remata a nota de prensa do BNG

O autobús que vai do Barco a Ourense recupera as paradas de Quiroga